martes, enero 27, 2009

Revolutionary Road


Ou que malo é o desemprego que che permite pensar nunha película 24 horas despois de ter saído do cine.

Ou de como unha relación fracasa.

Quero pensar que Varela non ten razón (non a tes!!!) e que non todos estamos condeados a rematar así as nosas vidas sentimentais. Creo que hai vida despois da vida en parella, quero crer que podemos seguir sendo nós mesmos rodeados doutra persoa.

Non quero renunciar ós meus soños. E menos por ningún home, e tampouco quero que ningún home renuncie ós seus soños por min.


Hai esperanza?

5 comentarios:

Rebeca dijo...

Polo que teño visto e lido desta peli que estou desexando mirar, podería tratar de como a falta de comunicación provoca delirios a largo plazo,ou de que, o feito de que crer que unha parella pode mudar os teus soños e convertilos nun máis cotiá e factible non é verdade. Os nosos soños mudan, uns fánse realidade e outros cambian a medida que nos damos conta do lonxe que están. Un non pode por todas as súas esperanzas nun futuro só porque o presente non nos favoreza. A única maneira de non culpar á nosa parella da nosa frustración é non depositar nela a confianza necesaria para que él loite por ti, senón ser capaz de ti loitar polas túas metas.
Tamén das diferenzas socias nos 50 entre o trato á muller - esfera doméstica- e ó home - notoriedade pública. Aínda que ela loite por soños que no fondo o telespectador sabe que non son tan factibles, él non ten dereito a impedirlle que soñe cunha vida mellor, non cres?

razeuqla dijo...

Lo primero de todo perdón por romper el monolingüismo del blog, pero los extranjeros somos así de irrespetuosos con las culturas ;)

No te voy a descubrir nada de mi pensamiento que no sepas ya. YO abogo por los sueños, si son imposibles mejor, porque siempre he creído que los que merecen realmente la pena, al final se cumplen, igual no de la manera soñada, pero de una si cabe mejor.

Pero también creo que los sueños cambian con el tiempo, con las personas que te rodean y con el ambiente, y eso no es malo, es evolución y ley de vida.

anlli dijo...

Grazas polos comentarios!! Xa pensei que o de escribir no blog era como falar para o aire ;-P
Recoméndovola sexa como sexa. Non será unha gran película, pero fai pensar, e con iso creo que chega.
A Varela non lle gustou, por certo. [Deféndete, fala!!!]

Rebeca dijo...

Xa a vin onte pola noite.Encantoume!qué diálogos máis intensos!As personaxes móstranse tan cual son nas disputas! Dicaprio impresiona e Winslet está sublime!Oscar xa!!!

anlli dijo...

A que si? Pero a min o personaxe de DiCaprio... mólame como fai o papel, pero o seu papel non me mola nada. Non sei se me entendes...