miércoles, febrero 14, 2007


Xa está, xa rematei, xa acabou o martirio máximo de verte ancorada nunha biblioteca, ancorada a unha silla... Agora queda un parcial, alá por marzo... Pero por agora a durmir de noite e vivir de día, que xa teño ganas de que o meu reloxio interno comece a facer o seu tic tac tic tac tic tac...

Mañán regreso, volvo ó meu Vigo, a ese Vigo que me afoga e me dá folgos, a esa euforia de coches e grúas asombradas. A miña casa, o meu fogar...

Teño unhas ganas tolas de tomarme unha caña no Maispa, un cubatica na Juaquina, un té no Uf... Uns sorrisos no Melé. Algo de todo, con todos, a ver se os astros se confabulan e me permiten votarvos un ollo a cada un de vós, que boto de menos e extraño bicar e apertar.

Quérovos. Mil bicos.

PD: un sireno expectante ante a miña chegada...