sábado, mayo 23, 2009

Estoume encerrando. É curiosa a sensación consciente dese peche... canto máis reflexiono sobre o mala que é esa opción, máis me encerro.
Teño un gran amigo que me dixo onte que o ser humano acostúmase de xeito doado á soidade. Sentinme moi mal os primeiros días en Vigo, pero agora paréceme moi difícil volver a "compartirme" co resto do mundo. Canto máis desexo a presenza de meus pais ou de Zalo, máis conta me dou de que en realidade xa me acostumei a estar soa. Rodeada de xente penso no ben que estaría no meu sofá lendo ese libro que me espera en casa. Porque agora en casa só me agardan dúas cousas: libros e a 92.10 (Radio Nacional Clásica)
A miña vida xa non produce nada que se poida contar ás persoas. En certo modo, por esa causa o blog está deixando de ter sentido. Xa non me apetece escribir... ¿apetéceme algo en concreto?... ¿algo que non sexa ler ou escoitar música clásica?... Tódalas posibilidades que se me ocurren implican algo que non teño: cartos. Ademais de gilipollas, son pobre xDDDDD
Chove en Vigo igual que chovía en Compostela, sobre a pedra, pero aquí a chuvia deprime, espanta e encerra á xente na casa, igual que eu me encerro en min. Supoño que o problema esta aí: en que dentro sinto chuvia e non me apeteceme mollarme, nin coas cousas nin coas persoas. Canseime de esperar e arriscar, cánsome dos cambios e apetéceme parar. Aí tedes algo que me apetece de veras: parar xa. Asentar o cú nalgún sitio (con alguén?... se cadra si...). Tamén quero parar de pensar, parar ese proceso mental do pensamento que me autodestrúe e me compunxe.
Quero que pare de chover.