martes, noviembre 06, 2007

A que cheira Compostela?


Hoxe dicíame Rocío Sánchez Ameijeiras (a miña profesora de Arte Medieval) que Santiago vive estes días outonais como unha segunda primavera, especialmente este ano que aínda non empezou a chover. Non chove, e sei que debería, pero a luz na pedra é incrible. Con choiva xa non hai tanta luz, e xa non hai cores que varíen do gris pétreo. Pero certamente... que bonita está Santiago!!

Aparte disto, eu quería falarvos de cheiros. A que cheira Compostela?? Pois é algo que me plantexei hoxe voltando a casa para comer. Hoxe cheirei algo moi familiar por estas rúas, algo sorprendente, desto que te paras e ulisqueas... Isto vaivos sonar raro, por iso vos poño en antecedentes: ó lado da casa de meus pais, en Moraña, a uns 30 metros, hai unha capela de principios do XIX coa advocación da Inmaculada Concepción. Non é que eu sexa moi cristiana, pero tódolos 8 de decembro, festividade desta Virxe, vou á misa alí, porque é o único día que a abren. Pois imaxinade o cheiro a retablo vello, pero non é algo desagradable, senón todo o contrario, cheira a madeira anciana, a velas, a flores... é unha combinación... non sei describírbola. Pero hoxe Compostela cheiraba así.

E ademais dos cheiros... nunca vos preguntastes a qué sonan as cidades? Os sons que definen un ámbito urbano son moi diversos, pero sempre hai un especialmente característico... E digo as cidades porque pola experiencia os pobos soen sonar de xeito similar...
Vigo a min sóname a gaivotas e a pitidos de barco, tamén a tráfico, e sobre todo a mar... a ondas do mar de Vigo, se vistes meu amigo, e ¡ai, Deus!, se virá cedo!!... (así tamén lle mando un saúdo a Martín Códax, o noso gran trobador...) Ondas do mar levado, se vistes meu amado, e ¡ai, Deus!, se virá cedo...
Pontevedra, dentro do pouco cariño que lle teño, sóname a nenos. Quizais porque na Ferrería sempre hai unha chea deles... E cheira a celulosa, aínda que ultimamente menos...
Santiago sona a campás, iso é indubidable...

Pois ben, déixovos pensando a que sona e a que cheira a vosa vida (espero que non vos cheire a queimado, ;-) ]

Bicos!!!

viernes, noviembre 02, 2007

Cansancio


Resulta que onte fun xogar ó fútbol cos de Vigo. Pero non recordaba que o deporte fose tan malo para a saúde, que hoxe non me movo... Teño unhas maniotas ["agujetas"]...
Aparte diso esta ponte só me serviu para dúas cousas: unha saír un par de horiñas por Vigo, e dúas rematar o traballo para Vangardas Históricas do Século XX, sobre Giorgio de Chirico. En realidade gustaríame terme quedado en Vigo todos estes días, pero teño a obligación moral de regresar hoxe pola noite a Moraña para estar un pouco cos meus pais... Ultimamente case non saio, teño a impresión de que máis alá dos muros da Facultade non hai vida, síntome... síntome cansa e aburrida. Quero voltar de vez en cando a esa vida de beberme un par de cubatitas e saír a bailar ou a ver cómo bailan por aí, e descubrir novos sitios e coñecer xente... Quero... o que quero é non facerme vella antes de tempo.
Achégovos o único poster que hai na miña habitación en Santiago. Así aínda que non ma virades pois podédela imaxinar un pouco mellor. Tamén quero conservar a ilusión polas cousas que Amelie tiña, iso si que estaría moi ben...
Bicos. Quérovos.