lunes, marzo 19, 2007

Pasado, presente e futuro


Grandes termos da alma, dun alma que ás veces dubida do momento no que se atopa. Agora, hoxe, aquí... parece doado, pero non o é. Hai frases que me fan recordar un antes, un onte, un alí... e entón pregúntome: ¿e que pasará mañán? Qué será de min cando chegue septembro, cando me suba a ese bus-tren-avión (aínda teño que valorar prezos)...
"Quien se va, quien se queda... quien le duele más la soledad...A quién le duele más la soledad, si todos los rincones de mi vida tienen algo tuyo?". É unha maneira de velo, cantada por Bebe. Outra maneira é a que me cantou a semana pasada alguén, que di algo así como "no te echaré de menos en septiembre: verano muerto, veré a las chicas pasar"...
Non sei. Parece que Granada ten antes mil obstáculos, mil recordos. E algunha que outra decisión difícil. Se cadra é a proba que me queda por pasar para ser definitivamente merecedora desa cidade andaluza que me espera, durmida, cos raios de sol detidos no ar...
¿Cesará algún día esta morriña que me invade? Aínda non me fun... e xa vos boto de menos.

jueves, marzo 01, 2007

Noites


Son noites extrañas estas nas que vivo. Hai un anxiño ó meu lado que me cuida, un anxiño que ás veces é un pouco demo (supoño que como todos). Tápame, bótame as sabas por riba para que non teña frío, e faime cóxegas e vivo un momento de inspiración de arte contemporánea con el.
Véxonos ós dous como caixas blancas con arames por brazos e pernas, pero pesamos moi pouquiño, e o blanco é moi suave. Cada vez que me morde, ese anaco de min tórnase en cor, amarelo, rosa, vermello... provoca tanta sinestesia que creo que deliro.
Chámase deformación profesional. Grazas por recordarme que todo nesta vida se pode tornar en arte. Incluso as bágoas.

Un bico a todos.