jueves, octubre 25, 2007

Bologna e Packard Bell

Esas son as dúas novidades da miña vida. Un novo portátil que estreno hoxe, e estrénoo no blog, e un marabilloso (¬¬) proceso de Bologna que me obriga a acabar a carreira este ano, vaia por Dios. Iso significa que teño 23 asignaturas. Non digo máis. Co número creo que basta para que vos fagades unha idea de como é a miña axenda....

Pois nada máis, que me conectarei máis a miúdo (por fin) e que actualizarei tódalas semanas. Prometido!!

Bicos, quérovos a todos!!!

lunes, octubre 01, 2007

Ingmar e Antonioni no recordo

O día 30 de xullo dous mestres do celuloide abandonaron para sempre este mundo de ensoños cinematográficos para soñar eternamente no ceo dos grandes directores. Fóronsenos Ingmar Bergman e Michelangelo Antonioni. Cada un deles, ó seu modo, contribuíron a facer máis grande a miña cinefilia e a poñer máis alto o listón de tódolos que fan cine (ou o intentan).
Simplemente rendirlle homenaxe a ambos, especialmente a Ingmar, do que en Vigo se acordaron algúns especialmente cunha esquela nos pechados Multicines Centro que recitaba:
"INGMAR BERGMAN
Fallecido el 30 de Julio de 2007
Tus hijos no te olvidan"
Un bico a todos. Quérovos!