domingo, agosto 24, 2008

Como doe ás veces vivir... como custa camiñar, seguir avanzando sabendo ó mesmo tempo que cada pegada pesa... pesa tanto como a insoportable levidade do ser... Onde perdín o resplandor?
Afogo!!!

No te diré que no... yo te sigo porque creo que en el fondo hay algo...

Botádeme unha man, por favor, aínda que sexa ao pescozo... Se hai alguén aí, se alguén me escoita, se algún de vós me le... pegádeme unha ostia e facédeme espabilar, por favor. Se me queredes farédelo.
Graciñas!!


martes, agosto 19, 2008

De decisión en decisión

Todo nesta vida é unha decisión. Menos a primeira, que toman os nosos pais/nais, a de nacer. Pero esa é, polo tanto inevitable. Non quero dicir con isto que me gustase que fose evitable, pero ben, unha vez aquí... hai que decidir. Decidir quen son os teus amigos, cal é a túa asignatura e profesor favoritos no cole (no instituto case que xa non tes diso, e na universidade menos...), decidir a quen amar, decidir qué facer, qué non facer, que estudar ou a quen admirar. Empezo a recordarme a Trainspotting...
Hai decisións que parecen doadas, e todo o mundo opina das túas dúbidas que son fáciles de resolver. Toda esa xente que te quere ten moi claro que facer e como facelo. A min, hoxe por hoxe, o consello da xente dáme máis ben igual (sen faltarvos a todos vós que me estades aconsellando estes últimos días): voulle facer caso ó aliado máis fiel que teño dende hai xa case 23 anos: o tempo... Vou deixar que o tempo pase e que sexa el mesmo quen me dicte o camiño. Non vou centrifugar máis a cabeza, non quero decidir, non mo podo permitir -non agora, con exames non-; por iso vou crer nesa frase tan sabia que di que o tempo todo o calma: a tempestade e a calma.
A ver que pasa.
Sorte a todos os que estades preparando septembro. Vémonos polas Compostelas, ou no seu defecto, polos Vigos. Bicos!!

martes, agosto 12, 2008

Zaragoza-Vigo


Ya no tengo solución, sé que no tengo remedio...
Sei que te botarei de menos, como di esa canción que agora sona na túa cabeciña. Gracias, de verdade que non sei como darche as gracias por eses cinco días que me serviron para pensar e para volver con enerxías renovadas a esta, a miña casa, a miña terra. Agora polo menos sei que lonxe deste lugar hai outro sitio onde tamén podería ser feliz.
Pensa que despois de tantos anos e tantos momentos vividos xuntos, aínda que separados, nos nosos destinos hai xa poucas cousas que nos poidan ameazar. Gracias por esa amizade sincera que me das cada día; espero non fallarche nunca.
Dende Galiza, dende un rinconciño ó lado do mar, mil bicos para ti.
Quérote!!