miércoles, enero 17, 2007

Planning Xaneiro-Febreiro

Qué cousiñas!! Así coas coñas... é día 17. Os meus exames comezan nun abrir e pechar de ollos, e eu aínda líada con traballos, pagüer points, exposicións e bibliografías varias. Mañán remato, expoñemos o traballo de Artes Decorativas e Elementos Ambientais (tócatelosgüevos). E despois a chapar como unha condenada.

Ante a negación do estado de darme unha bolsa de estudos (mira ti, eu cunha media de notable e sendo pobre e nada) pois o plan é acabar a carreira canto antes e seguir na axencia de "azafaifas" (jejeje) para sacarme unhas pelillas -moi poucas.

E nada máis, supoño que ata que remate os exames, polo menos os oficiais (xa non falemos de convocatorias extraordinarias, parciales e demais), non escribirei nada. Así que vos informo do meu maganifico calendario:
1 de Febreiro: Arte Galega III (polo menos é bonita de estudar)
2 de Febreiro: Artes Plásticas: do Neoclasicismo ó Postimpresionismo (aprobable, espero)
8 de Febreiro: Arte Galega II (infumable, horrible, asquerosa)
13 de Febreiro: Arte Galega I (un pouco coñazo, pero 1º debería conseguir uns apuntamentos decentes).
28 de Febreiro: Parcial de Arte Antiga (a miña cruz dende 1º, se non a saco este ano renuncio, pido fin de carreira e a la mierda!!)

Un bico a todos. A pesar do estrés e de todo eso, téñovos presentes.
A coidarse!!!

[E os que teñades exames a estudar, non quero ser a única pringada...]

lunes, enero 08, 2007

Living on 2007


Cousas que pasan cada 365 días: que estreamos un novo ano. E este ten pinta de que vai ser bo (polo menos espero que non sexa peor que o 2006)
Onte Rebeca preguntoume que qué lle pedía ó 2007, algo concreto, e non souben qué dicirlle. Creo que non teño nada concreto na cabeza... E como me dixo un rei mago que apareceu polo meu portal o 6 de xaneiro, só intentarei facer o que me apetece, cando me apetece, con quen me apeteza e onde me apeteza. Creo que é un bo desexo.
E deséxovos a todos vós o mesmo. Que fagades o que queirades. Pasádeo ben, que despois de todo é do que se trata nesta vida.

Un bico a todos!!