martes, mayo 29, 2007

Orquídeas

Resulta que agora enfrente da miña casa en Moraña nacen unhas orquídeas pequerrechiñas salvaxes, de cor azul. Meu pai díxome que había bastantes, e coma nos meus mellores tempos de cría fun cunha texoira e moita paciencia e fixen peaso de ramo de mini-orquídeas. Resulta que disto fai xa tres semanas. O sábado pasado, cando voltei á casa, seguían igual de bonitas, e incluso algunhas botaron raíz no floreiro de cristal.

Diredes que esto que vos conto é unha auténtica parvada, e pode que visto así o sexa. Pero ten unha reflexión vital por baixo... As orquídeas aguantaron tres semanas, cun instinto de supervivencia que me sorprende nunha flor. Párome a pensar que na vida dos humanos non todo é así sempre... Hai flores na miña vida que se marchitaron, que se foron. Hai outras que estaban nun xarrón na miña casa e agora están noutro xarrón noutra casa (todos os que vos fostes estudar por esas terras de Deus, por exemplo). Boto de menos a bastante xente, algunha supostamente moi cercana, á que eu noto moi lonxe...

Para outros desaparecín eu... O que ti non sabes é que no fondo sigo aí, máis preto do que cres... Por si les isto, que supoño que non (como ti dixeches hai cousas que non se perdoan), dáme pena que ti marchites con 23 (24?) anos. Ás veces o que cremos que é o que queremos para o resto da vida non é tal. Pensa ben o que estás facendo, se vale a pena perder tanto por gañar tan pouco (con todos os meus respetos para a señorita). Sigo, a pesar de todo, queréndote moito e preocupándome por ti. Non esquezas que foches ti o que quedaches coa miña flor (había que darlle un toque gracioso á entrada, senón menudo sermón...)

Bicos a todos. Coidádevos, e estudiadeeeeee!!!!!!!