sábado, febrero 14, 2009

Manifesto a prol da convivencia lingüística

Se queredes apoiar esta causa, tedes o manifesto neste link, no que tamén o poderedes asinar como persoa a prol da convivencia lingüística:

http://www.amesanl.org/campanhas/convivenciaeigualdade.htm

lunes, febrero 09, 2009

Fartiña estou!!

Estou realmente moi farta de toda esa bulla que se está armando por culpa dos papanatas de Galicia Bilingüe. Non trata de ser un insulto persoal cara cada un dos membros desa plataforma, non, de seguro que hai xente moi válida aí metida, pero coño!!! As cousas polo nome...
1º. Ata o cú de que se fale de Galicia Bilingüe. ¿Pero a vós non vos ensinaron no colexio que o bilingüismo non existe, que é unha forma utópica da perfecta convivencia igualitaria de dúas linguas? NON HAI BILINGÜISMO EN NINGÚN LUGAR DO MUNDO. Demostrado. Como moito, poderemos falar de Suíza, como un país con 4 linguas oficiais (unha por cantón), ou de Canadá, país no que, dependendo da zona, se fala inglés ou francés por motivos provintes do colonialismo da Idade Moderna. O que se dá no estado español é un exemplo de libro do concepto (el concepto es el concepto) "diglosia", que, nun nobre corta e pega, vos achego:
"Situación dun individuo ou comunidade que utiliza dúas linguas, cando unha das cales, polo xeral a materna, é considerada polos propios falantes e na práctica social e política, como inferior á outra, de tal xeito que a lingua con máis prestixio se utiliza nas relacións sociais consideradas máis elevadas ou formalizadas, mentres que a outra se reserva para as relacións consideradas informais". O que eles viñan dicindo onte na súa magnífica manifestación: o galego para as vacas (e eu son parva, porque aínda que teño unha licenciatura, fixen tódolos meus putos exames en galego, que é o idioma para falar na corte)
2º. Que me digan que o castelán está oprimido en Galicia... é que xa nin me enfada, directamente dame a risa. A semana pasada, con motivo das prácticas do CAP, estiven acudindo a un instituto público vigués no que non escoitei nin a un so rapaz falar en galego. E esa é a fodida realidade: o único recanto de esperanza que queda na xuventude galegoparlante atópase ou ben no rural, ou ben en Compostela (cidade na que si que se escoita a adolescentes falando a lingua galega).
3º. Que a televisión e radio públicas, mellor dito: A televisión e radio, porque só hai unha, a RTVG, fagan fachenda de defender a nosa lingua... espera que collo un coitelo e se tal suicídome: NON SABEDES POÑER UN PUTO PRONOME NO SITIO, HOSTIA!!!! Enfermades a calquera, e o peor é que hai xente galegoparlante de toda a vida que agora comeza a dubidar sobre a colocación do pronome pola vosa culpa.
4º. "Es que el gallego sólo te sirve para Galicia": e a min que?!?!?! O ruso só vale para Rusia, e o suomi para Finlandia. ¿Agora hai linguas de primeira e linguas de segunda por unha cuestión puramente baseada no número de falantes? ¿Canta merda máis me ides obrigar a escoitar pasiva dende o meu sofá?
5º. Señora Rosa Díez: a vostede xa non lle digo nada. Moita militancia, moito esquerdismo, e é vostede máis fascista que Hitler. E por riba ten os santos cojones de irse a Bouzas a facer campaña electoral, para que a los niños vigueses no se les obligue a hablar el gallego. Do fígado me pon vostede. Cianótica perdida.
6º. E eu, como a maioría dos que comparten a miña opinión, non milito en ningún partido político. Non somos BRIGA, nin Nós-UP, nin Primeira Linha (que encima flaco favor lle facedes á nosa lingua falando "iso" ó que vós chamades galego). Eses son 20 imbéciles con ganas de bronca. Só hai que ver o cartel que convocaba contramanifestación para o domingo, á mesma hora e no mesmo sitio (é que hai que telos cadrados, si señor...), e que remataba dicindo "Vanse enterar!". Eu do que me entero é de que todos vós sodes un ignorantes de merda, fillos de papi e mami, e que agora vos deu por defender deus sabe que, porque non representades a ninguén, sodes uns auténticos fillos de puta, con todas as letras. Só sabedes cargarvos o xa pobre de por si sistema democrático deste país. Así non sei fai política, señores. Se queredes xogar a algo, comprádevos un trivial (que o mellor aprendedes algo).

Gracias por permitirme desafogar. Esta reivindicación non pretende obrigar a ninguén a que fale galego, Deus me libre. Pero que non vaian de vítimas: ¿en que bar, en que tenda de roupa, en que discoteca, en que lugar público atopastes a unha persoa que vos falara en galego de primeiras? Sede realistas, por favor. Non enganedes á xente ignorante.