lunes, octubre 30, 2006

Violeta


Esa nena tan bonitiña que collo no colo con pouca maña é Violeta. Violeta sorrí feliz porque por agora a vida élle doada: mami dálle a teta, durme, mami cámbialle o pañal, durme, mami dálle a teta... e así todo o rato. Só espero que cando empece a crecer as cousas tamén lle sexan fáciles, ou que polo menos ela as volte positivas. Porque despois xa non será tan doado. Pero ten uns pais moi bos e intelixentes que seguro a educarán para sobrevivir neste mundo de tolos.

Benvida, Violeta.
Un bicazo a todos.

jueves, octubre 26, 2006


Porque a sorte é cuestión de que a pelota, ó chocar coa rede, caia no teu campo ou no campo contrario (como mola Match Point, e como mola Woody Allen).

Un bico para todos.

jueves, octubre 19, 2006

Inicio

"La soledad es un lugar tan vacío siempre".
Eso di Bunbury en Lady Blue.

As persoas marchan e veste rodeada de xente. Quédame un botón, seguro que si... Iván ten razón, e sempre se poden poñer os datos a cero, e reiniciar. Dende o 7 de octubro estou reiniciando, empezando de novo, cunha nova filosofía, cun novo obxectivo. E todo vai moito mellor.

A sabiduría dána os anos...
Un bico para todos.