lunes, octubre 30, 2006

Violeta


Esa nena tan bonitiña que collo no colo con pouca maña é Violeta. Violeta sorrí feliz porque por agora a vida élle doada: mami dálle a teta, durme, mami cámbialle o pañal, durme, mami dálle a teta... e así todo o rato. Só espero que cando empece a crecer as cousas tamén lle sexan fáciles, ou que polo menos ela as volte positivas. Porque despois xa non será tan doado. Pero ten uns pais moi bos e intelixentes que seguro a educarán para sobrevivir neste mundo de tolos.

Benvida, Violeta.
Un bicazo a todos.