martes, septiembre 11, 2007

De volta en Compostela


Un septembro máis outra vez nesta a miña 2ª cidade. Sen demasiadas novidades (sobretodo despois de que onte Patri me contase vintemil noticias novas, cando me din de conta de qué tranquila é a miña vida). Este verán tiven un funeral, unha voda, moito tempo para aburrirme e outro tanto para darme de conta de cómo cambian as cousas, de cómo evoluciona -ou mellor dito involuciona- a xente e de plantexarme seriamente isto de acabar dunha p. vez a carreira.
Xa vos contarei con máis tempiño. Agora, como cando vos deixei aquel lonxano 19 de xuño da última entrada, teño exames.
Un bico enorme. Quérovos a todos!!! [A todos os que volo merecedes, claro está]

PD Adxunto foto da voda, que madre mía nunca me vin tan pijola!! xD