sábado, octubre 18, 2008

23

Só é un número, nada máis ca iso. Pero supón un gran cambio... Son os 23 da licenciatura, os do CAP, os de andar de aquí para alá no tren a toda hostia... Os do novo traballo, pese a non cobrar, do meu, como historiadora da arte. Moitas esperanzas nestes dous numeriños.
David, gracias!!! Por un cumpreanos redondo. Gracias por ensinarme a ser máis maior, a crecer. Sempre estarás comigo, nalgún rinconciño de min. Segues a ser importante, non te olvides nunca de que eres importante para min. Quérote moitísimo.
Zaliño, gracias por aturarme, basicamente por iso. Sei que non é doado, e que todo isto que estamos a vivir é a proba de lume. Se a superamos, será estupendo. Senón, será estupendo igual: hoxe por hoxe non me importa o que veña, sei que somos o suficientemente adultos como para afrontar o futuro. Ámote, meu rei.
Papis, Marta, Valentín... De vós, da miña familia, xa queda pouco que dicir. Sodes o mellor que puiden ter na vida. Gracias!!!!!!!!
Un novo día virá mañá, e con el un novo despertar e un novo anoitecer. Os 23 seguen a ser bastante parecidos ós 22, despois de todo...