jueves, marzo 06, 2008

La niña de Rajoy

La niña de Rajoy ten un pai e unha nai, casados catolicamente pola igrexa, e que ademais só foden para concibir fillos e procuran non sentir pracer no seu acto sexual (por suposto na postura do misionero porque é a única que parece gustar a Benedicto XVI). La niña de Rajoy nunca podería ser filla de dúas mulleres ou de dous homes que se amen. Iso sería antinatural. La niña de Rajoy estuda nun colexio privado (porque se lo pueden permitir y porque los públicos/concertados son muy poco cool), só sabe falar castelán, e en todo caso inglés, sexa galega, catalana ou vasca. Porque el idioma de España es el español. A la niña de Rajoy non lle gusta que os inmigrantes se senten ó seu carón no autobús porque está case segura de que lle queren roubar ou que a van violar, porque ó fin e ó cabo hai moi poucos inmigrantes que veñan a España só para traballar (cobrando un soldo inferior que lles pertence como raza inferior que son, evidentemente). A la niña de Rajoy non lle farán falta bolsas do Estado para estudar, porque case seguro que é filla de funcionarios e ten toda a educación universitaria gratuíta para o resto da súa vida. E tampouco lle importa Bolonia, porque xa tiña pensado facer o seu máster millonario nos Estados Unidos.
Prefiro non seguir.

Un bico a todos, e xa sabedes, a votar o domingo!!!!!!!! É polo noso ben...