jueves, mayo 29, 2008

O que nos persegue

Sabedes que o pasado é reiterativo, verdade? Pois ben, en pouco menos de media hora eu teño unha cita con el: o parcial de Grecia para a peaso de troncal de Arte Antiga. Teño medo, moito medo!!! Máis que medo sinto pánico. Auténtico temor a que o pasado non só volva, senón que se repita, e como sempre ocorreu aprobe este exame e suspenda a parte de Exipto no exame final. Iso suporía volver con todo en septembro, e como sabedes intento licenciarme!!!!! Non pasarme a vida con pipiolos de 1º curso que cren que ser universitario é marabilloso. Si, pode que o sexa, pero chega un momento no que estás ata o cú de ser universitario e xa tes ganas de ser traballador (ou ,no seu defecto, parado)
Nada máis. Era só para desafogar un pouco.
Agora vou facer un pipí (debe ser dos nervos que levo toda a mañá mexando)

Bicos.
PD: non vaiades nunca a Exipto, porque polas fotos que me poñen sempre no exame debe ser todo igual (moita area, e moitos capiteis iguais en tódalas salas hipóstilas de tódolos templos que existen). Non vale a pena, en serio. Ademais seguro que fai moito calor e que algún exipcio pretenderá cambiarvos o voso mozo/a vosa moza por 15 camellos/dromedarios.

jueves, mayo 08, 2008


Cando coñeces a persoas coas que eres feliz, e sabes que o seu fin non está á túa beira, as despedidas fanse moi difíciles. Na foto está só unha pequena representación do que esas persoas son na miña vida. Sarini, a rapaza de gafas, supón todo iso que aprendín cos italianos (porca miseria!!), e tamén a dor do adeus. Coma ela, xa se foron Filipo (sempre no meu corazón, polo que vivín ó seu lado e por todo o que me ensinou), Marta... E Bárbara, a morena guapísima, que en breve tamén se irá de volta a Segovia. Son xente que se quedará comigo, nun rincón da miña alma, e ós que quero de verdade. Boto de menos ós que marcharon, e prefiro non pensar nos que quedan por irse. Pero é lei de vida. Por outra banda, persoas tan grandes coma Vane, que se quedan aquí, a un pasiño, en Redondela. Completan todos eles un magnífico plantel.

Valeu a pena coñecervos!!!

Quérovos moitísimo!!!


Mil bicos a todos.