martes, agosto 19, 2008

De decisión en decisión

Todo nesta vida é unha decisión. Menos a primeira, que toman os nosos pais/nais, a de nacer. Pero esa é, polo tanto inevitable. Non quero dicir con isto que me gustase que fose evitable, pero ben, unha vez aquí... hai que decidir. Decidir quen son os teus amigos, cal é a túa asignatura e profesor favoritos no cole (no instituto case que xa non tes diso, e na universidade menos...), decidir a quen amar, decidir qué facer, qué non facer, que estudar ou a quen admirar. Empezo a recordarme a Trainspotting...
Hai decisións que parecen doadas, e todo o mundo opina das túas dúbidas que son fáciles de resolver. Toda esa xente que te quere ten moi claro que facer e como facelo. A min, hoxe por hoxe, o consello da xente dáme máis ben igual (sen faltarvos a todos vós que me estades aconsellando estes últimos días): voulle facer caso ó aliado máis fiel que teño dende hai xa case 23 anos: o tempo... Vou deixar que o tempo pase e que sexa el mesmo quen me dicte o camiño. Non vou centrifugar máis a cabeza, non quero decidir, non mo podo permitir -non agora, con exames non-; por iso vou crer nesa frase tan sabia que di que o tempo todo o calma: a tempestade e a calma.
A ver que pasa.
Sorte a todos os que estades preparando septembro. Vémonos polas Compostelas, ou no seu defecto, polos Vigos. Bicos!!

No hay comentarios: