sábado, enero 24, 2009

21/01/09


Que gran data o 21 de xaneiro do 2009... É o día no que comeza unha nova fase, unha nova vida... Licenciada xa, a pregunta é obrigada: ¿que fago agora? Pois primeiro intentar crer que si, que realmente o conseguín e que estou licenciada; tras isto, baixar da nube. Porque non haberá máis febreiros nin máis xuños nin septembros. Ou polo menos xa non coa mesma presión que ata agora. A partires desta data, todo o que faga será a maiores, porque a primeira meta está lograda: todo o que veña será mellor. Se fago Restauración en Pontevedra, será distinto. Se finalmente me decido polo máster, será distinto. Se non estudio nada máis, será distinto. E será mellor, iso é o máis importante.


Moitas gracias a todos os que tivestes algo que ver con esa licenciatura. Cos meus pais a débeda faise impagable (xa non só a nivel económico, máis ben a nivel moral). Zalo: gracias por levantarme cando quería abandonar, hoxe sei que valeu a pena, e ¡¡¡¡noraboa a ti tamén!!!!, que xa eres, coma min, posuidor dun título universitario. A todos vós, os meus amigos, os que soportastes meses de estudio intensivo sen verme, días de decepción e de mala hostia por culpa dos exames, raiaduras mentais sobre o meu futuro... gracias pola vosa paciencia, polas copas gratis co rollo de que era estudiante, pola comprensión... GRACIAS POR TODO.


Quérovos moito. ¡¡¡Miles de bicos!!!

No hay comentarios: