sábado, enero 31, 2009

Experimentos Sociolóxicos

Hai lugares que se prestan á análise social. Algúns requerirían un estudio máis profundo, como os trens, nos que seguro que os que tedes pasado horas e horas (algún estudiante coma min se decatou da cantidade de horas que pasas da casa a Compos e de Compos á casa??) mirando para xente da que non sabedes nada e imaxinando a) que escoita no mp3, b) cantos fillos ten, c) as posibles infidelidades cometidas, d) se se droga (a lo duro, refírome)... etc etc etc.
Pero sen dúbida algunha, un sitio que se presta para os experimentos sociolóxicos é o Vitrasa Nocturno. Se algunha vez collestes un, darédesvos de conta de que só hai dúas clases de persoas:
-As que van de marcha, de calquera idade, grupo urbano, constitución física ou condición baixa-media-alta.
-O resto, normalmente integrado por xente rara: vellos que non sabes qué pintan ás tantas nun autobús, solteironas con pinta de precisar axuda psicolóxica (ou solteiróns), drogaditos (se teñen sorte e o chofer os deixa subir), rapeirunchis de tres al cuarto, cuarentóns con cara de depravados sexuais (hainos acompañados de rapazas -normalmente inmigrantes explosivas-, ou a versión solitaria con mirada pervertida cara as máis novas que van de marcha) e mulleres de cincuenta anos en grupitos de 3 ou 4 que falan do ben que o pasan no Karaoke e do moito que ligan.

Definitivamente o meu era a Antropoloxía.

Bicos a todos!

1 comentario:

Anónimo dijo...

Esquecécheste dun grupo non menos importante e que eu creo que engloba a unha maior diversidade de xentes, entre as que ti tes que incluírte,que se caracteriza por viaxaren sós e darlle moito á cabeza, no que se inclúe unha profunda psicoanálise dos demáis individuos que comparten ese espacio con eles...Se ó final somos todos iguais, pero dependendo do absorbidos que estemos pola emoción que supón vivi-las nosas vidas (a maior parte do tempo é escasa), estaremos máis ou menos ociosos e aburridos como para pensar na vida dos demais. Eu que sei!?