miércoles, enero 17, 2007

Planning Xaneiro-Febreiro

Qué cousiñas!! Así coas coñas... é día 17. Os meus exames comezan nun abrir e pechar de ollos, e eu aínda líada con traballos, pagüer points, exposicións e bibliografías varias. Mañán remato, expoñemos o traballo de Artes Decorativas e Elementos Ambientais (tócatelosgüevos). E despois a chapar como unha condenada.

Ante a negación do estado de darme unha bolsa de estudos (mira ti, eu cunha media de notable e sendo pobre e nada) pois o plan é acabar a carreira canto antes e seguir na axencia de "azafaifas" (jejeje) para sacarme unhas pelillas -moi poucas.

E nada máis, supoño que ata que remate os exames, polo menos os oficiais (xa non falemos de convocatorias extraordinarias, parciales e demais), non escribirei nada. Así que vos informo do meu maganifico calendario:
1 de Febreiro: Arte Galega III (polo menos é bonita de estudar)
2 de Febreiro: Artes Plásticas: do Neoclasicismo ó Postimpresionismo (aprobable, espero)
8 de Febreiro: Arte Galega II (infumable, horrible, asquerosa)
13 de Febreiro: Arte Galega I (un pouco coñazo, pero 1º debería conseguir uns apuntamentos decentes).
28 de Febreiro: Parcial de Arte Antiga (a miña cruz dende 1º, se non a saco este ano renuncio, pido fin de carreira e a la mierda!!)

Un bico a todos. A pesar do estrés e de todo eso, téñovos presentes.
A coidarse!!!

[E os que teñades exames a estudar, non quero ser a única pringada...]

lunes, enero 08, 2007

Living on 2007


Cousas que pasan cada 365 días: que estreamos un novo ano. E este ten pinta de que vai ser bo (polo menos espero que non sexa peor que o 2006)
Onte Rebeca preguntoume que qué lle pedía ó 2007, algo concreto, e non souben qué dicirlle. Creo que non teño nada concreto na cabeza... E como me dixo un rei mago que apareceu polo meu portal o 6 de xaneiro, só intentarei facer o que me apetece, cando me apetece, con quen me apeteza e onde me apeteza. Creo que é un bo desexo.
E deséxovos a todos vós o mesmo. Que fagades o que queirades. Pasádeo ben, que despois de todo é do que se trata nesta vida.

Un bico a todos!!

jueves, noviembre 23, 2006

Arte



Vivo a base de arte, faime a vida máis doada.

E descubro novos autores, deses que gusta estudiar, porque non teñen clasificación. Odilon Redon, a quen pertence este debuxo, viveu na segunda metade do século XIX. Era un misóxino declarado, un xenio indiscutible, e aínda hoxe os historiadores da arte peléxanse por encadralo nalgún estilo: simbolismo, onirismo, expresionismo, romanticismo... Eu personalmente penso que ten un pouco de todo. De verdade que vale a pena descubrilo.

Un bico a todos.

jueves, noviembre 02, 2006

"Extrema pobreza"

http://www.youtube.com/watch?v=bP477z_DOo8

Iván Ferreiro deléitanos dende fai un par de días con novo disco, cheo de cousas como estas. Se o vínculo non vos vai, tamén o podedes ver no blog persoal de Iván, en www.ivanferreiro.blogspot.com.

Disfrutade.

Tristemente puesta en pie
acaricias con los dedos la esperanza muerta,
la torpeza y la vergüenza de este año que no fue
ese año que esperábamos tener...
Y lamentas con miradas lo que no se puede ni explicar,
lo que no has guardado,
porque al no ser lo esperado no quisiste ni archivar
ni un solo momento, ni un segundo odiado
de este amor impuro y agotado, enfermo y delicado,
pequeño y despistado que se apaga...
Este amor se apaga, como se apagan los impulsos de tu amor
como terminan los mensajes que no mandas...
este amor se apaga...
Y repetimos los errores
que si antes eran grandes ahora son enormes,
y lamentamos no tenernos uno al otro y darnos flores,
que nos alivien un instante, cambien todo y nos perdonen...
Nuestra falta de cabeza es peor que la pobreza,
porque no nos ha dejado tener nada.
Este amor se apaga, como se apagan los latidos de tu amor,
como terminan mis canciones que no acaban, este amor se apaga....
Se apaga, se apaga...
Como se apagan los impulsos, como se apagan los latidos...
Este amor se apaga, como se apagan los latidos de tu amor,
como terminan mis canciones que no acaban, este amor se apaga...

Un bico a todos (e un bico moi moi grande para ti, que me esperas e me aguantas e me queres ante todo. Xa sabes: SPNB)

lunes, octubre 30, 2006

Violeta


Esa nena tan bonitiña que collo no colo con pouca maña é Violeta. Violeta sorrí feliz porque por agora a vida élle doada: mami dálle a teta, durme, mami cámbialle o pañal, durme, mami dálle a teta... e así todo o rato. Só espero que cando empece a crecer as cousas tamén lle sexan fáciles, ou que polo menos ela as volte positivas. Porque despois xa non será tan doado. Pero ten uns pais moi bos e intelixentes que seguro a educarán para sobrevivir neste mundo de tolos.

Benvida, Violeta.
Un bicazo a todos.

jueves, octubre 26, 2006


Porque a sorte é cuestión de que a pelota, ó chocar coa rede, caia no teu campo ou no campo contrario (como mola Match Point, e como mola Woody Allen).

Un bico para todos.

jueves, octubre 19, 2006

Inicio

"La soledad es un lugar tan vacío siempre".
Eso di Bunbury en Lady Blue.

As persoas marchan e veste rodeada de xente. Quédame un botón, seguro que si... Iván ten razón, e sempre se poden poñer os datos a cero, e reiniciar. Dende o 7 de octubro estou reiniciando, empezando de novo, cunha nova filosofía, cun novo obxectivo. E todo vai moito mellor.

A sabiduría dána os anos...
Un bico para todos.