jueves, enero 21, 2010

21-X

Ás veces, en días coma hoxe, non me imaxino lonxe da casa, lonxe da terra. Loitando polo meu, polo noso, aínda que moitos non teñan nin conciencia de que posúen algo tan fermoso e tan grande como unha cultura, unha lingua, un país. E a pesar de todo: de que mexen por nós e digan que chove, a pesar do PP no goberno, a pesar dos féridos e duros, imbéciles e escuros (eses non nos entenden, non), hai esperanza. QUEREMOS GALEGO. Eu e dúas prazas do Obradoiro cheas (e como non temos dúas prazas, enchemos a que temos dúas veces)

"Cada terra é como se fose o mundo enteiro [...]. Do grandor do teu espírito depende todo: canto máis pequeno sexa, máis terra precisará. Se o teu pensar é fondo, a túa terra, para ti, non terá cabo, nela estará o mundo todo con tódolos seus climas. Se o teu pensar se detén na codia das cousas, non digas tampouco: Galicia é ben pequena; es ti, que endexamais poderás concibir nada grande". Vicente Risco, Da medida das cousas

1 comentario:

Unknown dijo...

Ti dis: Galiza é ben pequena. Eu digo: máis breve é esta colina que miramos na oquidade sombría da noite lunar propagando-nos un tacto de estrelas remotas que comoven a carne mentres pairan sonoras as harpas de outubro sobre o campo vacio.

Ti dis: Galiza é ben pequena. Eu digo: menor é o voo dos páxaros que levan a fronteira nostálxica das alas a un pórtico sen nome as tardes en que a bruma esparexe o seu império e só hai aves un instante.

Ti dis: Galiza é ben pequena. Eu digo: máis breve é a túa boca, recanto onde pracer da carne se reduce a espazos diminutos e enleva o sangue ás árbores e á tarde e fai celeste un eco tan subtil que a noite para nós pode ser nada, nada, nada