lunes, enero 05, 2009

Domingo

Que raros estes últimos días... o estrés non me persigue aínda, pero bótoo en falta, sobre todo cando me ergo ás cinco da tarde cunha resaca criminal... O venres foi un bonito día, con dúas perdas de autobús (un porque me quedei durmida, o outro perdino a 500 metros da parada). Logo tren. E despois Maispa, en boa compañía. E unha noite agradable, con boa xente. Tamén un bo despertar o sábado, para visitar esa gran cidade chamada Salvaterra. Reencontro con rapaz guapo (un bico, Manuel, que ben che senta traballar e ese estupendo Golf que te compraches, cabrón!!), e felicitacións de ano á familia política e a Zalo. E pola noite outra vez a saír... agora non sei se valorar á xente do sábado igual que á do venres...
Descolgada andaba eu polos locais da zona vella, desconectada dos que son os meus amigos, noutra esfera, con outras cousas na cabeza... Gracias mil, Rubén, polas conversacións sobre temas trascendentais. Se non fose por ti... e polo alcol, que ó final fixo que mo pasase ben nunha noite que non se prestaba a nada. Ás veces pregúntome se chegaremos así ós 30, que peniña damos... Botábavos de menos, e aínda así... Parece imposible deixar o pasado atrás e mirarnos ó espello. Incluso mirarnos ós ollos nos molesta. Dádesme gana de gritarvos que xa non son Angie, joder!!! Non me tratedes como o facíades antes que non son a mesma, as respostas non van ser as mesmas, e despois encima saídes con cara de estrañados. Crecede, nenos. A vida cambia.
E domingo de reflexión. Descubrindo grupos incribles, como Russian Red, e acabando no cine coa compañía do venres á noite.
Sempre volvemos ó que nos fai realmente felices.

No hay comentarios: