lunes, diciembre 03, 2007

Velliños


Hai unha parella de velliños que existen en Santiago dende tempos inmemorables. Vinos o primeiro ano de carreira, e véxoos case tódalas semanas dende aquela. Son incribles... Deben andar polos 90 anos, pero a señora é destas moi modernas e vai co seu gorriño de lá vermella cunha flor blanca, unha camisa, unha chaqueta e unha saia (cada cousa dunha cor), unhas medias destas de fantasía grises e uns relucientes deportivos Adidas blancos que xa os quixera eu para min. El é, como tódolos homes, un pouco máis discreto na súa forma de vestir, pero tamén leva uns tenis moi chulos. Sempre van collidos da man, sempre discutindo (ou falando en voz alta, o máis probable isto último, que case seguro que están os dous un pouco xordos), soen parar pola cafetería Derbi... e quérense. Nótaselles a kilómetros que se aman, é unha cousa tan rara nestes días... Estou acostumada a ver parellas e matrimonios maiores, pero habitualmente sempre vai el enfurruñado queixándose dalgo ou a señora falando polos códavos e o señor en Babia... Eu non quero ser como estas parellas e matrimonios. A min gustaríame transformarme dentro de 70 anos no que esa señora multicolor é, no que representa... E gustaríame ter a alguén ó meu carón que faga o papel do marido amante.


Un bico a todos.
PD: Que ñoña estou ás veces... que asco me dou!!!!

2 comentarios:

razeuqla dijo...

Todo el mundo queremos ser algún día como ellos. Lo malo es que a veces las personas con las que nos cruzamos no son las correctas. esperemos que después de tanto tiempo mal los dos hayamos acertado en nuestras decisiones y dentro de 70 años seamos como ellos.

srufo dijo...

Ojala existiera un emoticono mostrando una cara metiendose los dedos en la boca (ya sabes a que me refiero :D)

ñoña!!

al menos que se cumplan tus deseos por muy ñoños que sean.

1 besiño