
Hoxe dicíame Rocío Sánchez Ameijeiras (a miña profesora de Arte Medieval) que Santiago vive estes días outonais como unha segunda primavera, especialmente este ano que aínda non empezou a chover. Non chove, e sei que debería, pero a luz na pedra é incrible. Con choiva xa non hai tanta luz, e xa non hai cores que varíen do gris pétreo. Pero certamente... que bonita está Santiago!!
Aparte disto, eu quería falarvos de cheiros. A que cheira Compostela?? Pois é algo que me plantexei hoxe voltando a casa para comer. Hoxe cheirei algo moi familiar por estas rúas, algo sorprendente, desto que te paras e ulisqueas... Isto vaivos sonar raro, por iso vos poño en antecedentes: ó lado da casa de meus pais, en Moraña, a uns 30 metros, hai unha capela de principios do XIX coa advocación da Inmaculada Concepción. Non é que eu sexa moi cristiana, pero tódolos 8 de decembro, festividade desta Virxe, vou á misa alí, porque é o único día que a abren. Pois imaxinade o cheiro a retablo vello, pero non é algo desagradable, senón todo o contrario, cheira a madeira anciana, a velas, a flores... é unha combinación... non sei describírbola. Pero hoxe Compostela cheiraba así.
E ademais dos cheiros... nunca vos preguntastes a qué sonan as cidades? Os sons que definen un ámbito urbano son moi diversos, pero sempre hai un especialmente característico... E digo as cidades porque pola experiencia os pobos soen sonar de xeito similar...
Vigo a min sóname a gaivotas e a pitidos de barco, tamén a tráfico, e sobre todo a mar... a ondas do mar de Vigo, se vistes meu amigo, e ¡ai, Deus!, se virá cedo!!... (así tamén lle mando un saúdo a Martín Códax, o noso gran trobador...) Ondas do mar levado, se vistes meu amado, e ¡ai, Deus!, se virá cedo...
Pontevedra, dentro do pouco cariño que lle teño, sóname a nenos. Quizais porque na Ferrería sempre hai unha chea deles... E cheira a celulosa, aínda que ultimamente menos...
Santiago sona a campás, iso é indubidable...
Pois ben, déixovos pensando a que sona e a que cheira a vosa vida (espero que non vos cheire a queimado, ;-) ]
Bicos!!!