
Como a Ave Fénix rexurdindo das cinzas, a miña cinza brila de novo. Por certo: unha referencia a Xavier Alcalá, qué grande libro iste de A Nosa Cinza. Por si tedes un rato.
Novos proxectos fan latexar de novo as miñas meniñas. Ser figurante non é máis ca iso, aparecer un pouquiño por detrás nunha película, filme, serie ou documental. Pero serve para recordarme o que sentía cando me subín por primeira vez a un escenario, a aquel inolvidable escenario do San Tomé. E méteme o mono outra vez no corpo!!! Hoxe grabamos en Trazo un capítulo de Historias de Galicia (para a TVG, emitirase en septembro por si vos interesa verme caracterizada á moda do século XVIII). O outro día, e isto xa non supón tanta ilusión, non me quedou máis remedio que ir de público ós Tonechos... no coment...
Pero así, pouquiño a pouquiño, Granada queda na miña ialma como un bo recordo. Como o recordo dunha Xeliña emprendedora que non sempre consegue o que desexa, pero que rapidamente se pon en pé.
Un bico a todos. Quérovos.
PD: Gracias, nené. Moitas gracias e moitos bicos para eses vigueses que me botan de menos.
PD II: E falando de cinzas, e de lume... procurade que o único lume deste ano en Galicia sexa o que tódolos galegos levamos dentro. Só ese.